logosMonteSala.png

Anxo Araújo pecha a primeira semana de solpores do mes de agosto.

  • Os Solpores da Rebullón estrean agosto cunha semana na que ofrecerán tres citas culturais, promovendo a música en directo, artistas locais e o encontro comunitario.

  • Anxo Araújo presenta o seu EP "Viva a costa alentexana".

Mos, 7 de agosto de 2025.-

O ciclo cultural Os Solpores da Rebullón continua a estrea do mes de agosto cunha semana chea de música e bo ambiente sobre o escenario exterior do CSCD As Pedriñas (Tameiga, Mos). Nunha semana na que conquistaron o escenario Three Soul e Quique Gómez & Curro Serrano, continuamos a pola derradeira cita semanal coa música ao vivo nun entorno natural e familiar.

Anxo Araújo ven de estrear o videoclip 'A Costa Alentexana', que anuncia o seu novo dobre sinxelo dentro do EP 'Viva a Costa Alentexana', que saíu á luz o pasado 11 de abril. Non vos perdades este xoves 7 de agosto ás 21h un concerto cheo de sensibilidade, que procura asilo nos ritmos de baile e na súa elegante voz.

Con esta iniciativa, Os Solpores da Rebullón comezan agosto consolidándose como unha cita imprescindible do verán na comarca, apostando pola cultura de proximidade, a música en directo e os encontros comunitarios.