logosMonteSala.png

A Rebullón celebra o Día da Música coa actuación de Terreiras

  • O concerto do grupo liderado pola cubana Diana Darín terá lugar este sábado 23, ás 22 horas, con billeteira inversa

  • Terreiras fusiona os ritmos ancestrais e as harmonías vocais para evocar os cantos tradicionais de África, Cuba, Brasil e Galicia

 

Mos, 20 de novembro de 2024.- A Comunidade de Montes de Tameiga, xestora da Rebullón, propón un concerto moi especial para celebrar o Día Internacional da Música: o regreso á sala de Terreiras.

 

A actuación deste trío de piano, baixo e percusión comezará ás 22 horas deste sábado, 23 de novembro. E para que todos e todas poidan festexar un día adicado aos músicos e ás persoas amantes da música, o concerto de Terreiras será con billeteira inversa, é dicir, acceso de balde e pago á saída da cantidade que o público considere polo espectáculo que presenciou.

 

Terreiras regresa á Rebullón tralo seu exitoso paso pola sala no mes de febreiro. Unha vez máis, o grupo liderado por Diana Darín ofrecerá ao público unha fermosa combinación de ritmos ancestrais e harmonías vocais sobre unha base rítmica sólida, formada por piano, contrabaixo e percusión.

 

Xunto a Yudit Almeida e Lucía Cortiñas, Terreiras misturan e evolucionan as raíces musicais latinas que compartimos a ambos lados do océano, con voces penetrantes que fan viaxar aos espectadores polo tempo e o espacio, evocando os cantos tradicionais de África, Cuba, Brasil e Galicia.

 

Este sábado, Terreiras porá ritmo e voz ao Día da Música na Rebullón, en Tameiga. Un día para celebrar o poder da música xuntas: público, sala e artistas.