logosMonteSala.png

Collón de Lola: un tributo ás cancións do Xabarín para pechar o ano de festa

    •A banda, coa súa formación clásica por primeira vez en dez anos, actuará este sábado 27, ás 21:30 horas, desde só dez euros
 
    • Será unha noite con moitas sorpresas, invitad@s de excepción e cunha exposición previa ao concerto sobre a historia do Xabarín Club

Mos, 23 de decembro de 2025.- O Xabarín Club, o mítico programa infantil da Galega, marcou a toda unha xeración, tanto pola súa programación como por unhas cancións que quedaron na memoria colectiva dos galegos e galegas. 
 
Este sábado, a Sala Rebullón rende homenaxe ao programa e aos seus sons, cun concerto tributo a cargo de Collón de Lola –que ademais desembarcan en Mos coa súa formación clásica, por primeira vez desde hai dez anos– este sábado 27, ás 21:30 horas, con entradas desde 10 euros en anticipada á venda online ou quince na billeteira. 
 
Será unha noite do máis divertida e emotiva. O sábado, Collón de Lola celebra o seu 15º aniversario e ten preparadas moitas sorpresas e convidad@s moi especiais o público da Rebullón. A modo de exemplo, toda unha declaración de intencións para comezar a festa: as cen primeiras persoas que merquen a súa entrada recibirán un sandwich de nocilla na porta. 
 
Xunto ao concerto, antes do seu comezo, as persoas asistentes poderán visitar unha exposición sobre a historia do Xabarín Club. Unha xornada irrepetible que vaise mover entre a nostalxia, a festa rachada e as melodías que fixeron época, unha noite para gozar e facer gozar á xente da música en directo e en galego, aproveitando o gran patrimonio musical herdado do Xabarín.
 
Lonxe de intentar deixalo todo atrás e mirar cara adiante, Collón de Lola (vídeos) decidiu hai anos embarcarse na procura dese limbo onde o bocata de nocilla, o rock n roll e as series de televisión en galego son os protagonistas; aqueles tempos nos que soamente tiñas que preocuparte de a qué nivel de superguerreiro chegaría Songoku ou se Crilín conseguiría ao fin reunir a valentía dabondo para meterlle ficha a c18. 
 
Os compoñentes de Collón de Lola son xente con influencias musicais moi diversas (rock, death metal, rossover, funky, punk, thrash metal, Leticia Sabater...) pero que teñen en com unha única relixión: o Xabarín Club.
 
Dende o ano 2011, a COLLOADA leva o seu espectáculo por toda a xeografía galega e non van parar. Na Rebullón presentarán o mellor do seu repertorio de máis de 30 cancións, entre as que se atopan temas que van dende “Estou na lavadora” ata cancións de series de debuxos animados como Bola de Dragón.  
28.11_ESKORZO-min.png