logosMonteSala.png

Tameiga presenta o libro “O agromar da memoria”, que recupera un século de memoria e identidade

     • O libro é o resultado de ano e medio de traballo, 60 horas de conversas e a recollida de documentación, para rescatar do esquecemento as tradicións, toponimia, saberes e anécdotas acontecidas en Tameiga no último século.

   

    • A presentación será o sábado 11, ás 18 horas, no CSCD As Pedriñas, coa participación das persoas da parroquia que no proxecto, música en directo e contacontos.