logosMonteSala.png

A Rebullón recibe a xira internacional de despedida do mellor traballo de Eskorzo: “Historias de amor y otras mierdas”

  • Os de Granada, referentes na mestizaxe musical xunto a grupos como Mano Negra e Amparanoia, actúan na Rebullón este venres ás 21:30h
     

  • “Historias de amor y otras mierdas” foi un salto adiante para Eskorzo, conquistando escenarios de toda Europa con máis de cen concertos


  • O sábado 29 ás 22 horas, noite de talento feminino galego portugués cos concertos de emmy Curl e hydn, desde 8 euros en anticipada

Mos, 25 de novembro de 2025.- Eskorzo leva tres décadas liderando a mestizaxe musical en España, facendo crecer o xénero desde os anos noventa xunto a xigantes como Mano Negra e Amparanoia.

 

Agora, a banda está inmersa na xira internacional de despedida do seu traballo máis aclamado, “Historias de amor y otras mierdas”, unha xira que fai parada na Sala Rebullón este venres 28, ás 21:30 horas, no seu único concerto en Galicia. As entradas, desde 25 euros en anticipada ou 30 na billeteira, están á venda online.

 

Desde hai trinta anos, Eskorzo sobresae pola súa mestura única de estilos, fusionando rock, cumbia, merengue, reggae, dub e música internacional, tanto no estudio como sobre o escenario, onde sacan a relucir toda a enerxía e calidade polas que son recoñecidos.

 

“Historias de amor y otras mierdas” é o oitavo disco de estudio de Eskorzo e marcou un antes e un despois para a banda, xa que permitiulles dar o salto continental e conquistar escenarios de toda Europa con máis de cen concertos cargados de enerxía, paixón e ritmos que conectan corazóns.

 

O disco e o directo de fin da xira propoñen ao público unha viaxe polo máis universal dos sentimentos, o amor, con todas as súas caras e matices, desde o romántico ata o propio, pasando polo tóxico e o desamor.

 

Cancións como ‘Me va a castigar el señor’, ‘Mi corazón’ ou ‘7 vientos’ fixeron vibrar a miles de almas, mentres que colaboracións estelares con artistas como Rozalén, Nidia Góngora, Francisco El Hombre ou La Pegatina fixeron aínda máis redondas as cancións 'Se tiene que acabar', 'Despierta', ‘Cuando ya no quede nada’ ou 'Tu amor me está matando'.

 

O concerto deste venres na Rebullón será a última oportunidade en Galicia de vivir en directo a esencia única deste álbum cardíaco que, como ben di o seu vocalista Tony Moreno, “xira ao redor do corazón”. Unha celebración do amor en todas as súas formas, coa potencia e autenticidade que só Eskorzo pode ofrecer. Un venres para bailar, sentir e compartir coa banda o peche dun capítulo histórico para Eskorzo.

28.11_ESKORZO-min.png