QUANT
A traxectoria artística de Óscar Quant estivo sempre ligada a proyectos de grande calado e personalidade. Deu o salto á primeira liña como vocalista e fundador de Quant, banda coa que acadou un sonido propio, fusionando o rock máis contundente con melodías intensas e letras profundas. Co grupo editou varios traballos que os levaron a percorrer escenarios de toda xeografía.
Máis adiante, uniuse a SkyhookS, unha das bandas de hard rock máis influentes do país, onde a súa voz atopou un novo vehículo para exhibir o seu amplo rexistro e enerxía. Coa formación coruñesa reforzou a súa proxección e viviu algunhas das súas experiencias musicais máis destacadas.
O seu compromiso coa música en galego e a súa inquedanza artística levárono máis recentemente a embarcarse no proxecto Batalha, onde explora un terreo máis visceral e directo, demostrando que a súa capacidade creativa segue máis viva que nunca.
Con unha longa carreira á súa espalda, Oscar Quant é sinónimo de autenticidade, forza vocal e unha dedicación inquebrantable ao rock. Un artista que segue a evolucionar e a deixar a súa pegada en cada novo reto que asume.
TESOURO
Polo contrario do que puidese parecer, a carreira de Carlos Rego, con Cosecha Roja e Burgas Beat como episodios máis relevantes, é unha das máis ambiciosas que se poden rastrexar na nosa pel de touro. E o é porque elude intelixentemente o espurio cascarón que soe disfrazar este negociado tramposo chamado industria musical. Cando os festivais adicábanse a programar música e non a vender cervexa, Rego e os seus xa levaban anos extraendo minuciosamente a substancia esencial da que están feitas as boas cancións.
Non se me ocorre pois tarefa máis ambiciosa que compoñer pequenas pezas de 3 ou 4 minutos… preservando a pulsión e o vigor entusiasta de Jo Jo Richman («Todo é tan raro»), embeleçando a crúa melancolía ao estilo Dinizio («Brillo»), invocando en galego a diáfana liberdade do Tomorrow the Green Grass («Aguia»), despexando as sinuosas incógnitas da fórmula Feelies («Aquí comigo») ou debuxando fascinantes elipses eléctricas como uns Dream Syndicate saídos de Ourense («Contadores de Estrelas»).
O seu último traballo, «Aquí conmigo», supón un punto de inflexión na súa discografía. Neste álbum, Tesouro afonda no seu lado máis íntimo e reflexivo, sen renunciar ás inconfundibles melodías que sempre os caracterizaron. Carlos Rego amosa aquí a súa máis persoal e delicada faceta como compositor, abordando temas universais como a vida, a ausencia, a fortaleza e a compañía cunha honestidade arreboadora.
«Aquí conmigo» non é soamente un disco; é unha invitación á introspección, unha banda sonora para momentos de calma e autodescubrimento que reafirma a madurez artística do grupo e o sitúa nun momento creativo excelente.