logosMonteSala.png

A mellor música infantil e familiar regresa esta fin de semana a Tameiga co Miúdo Fest

  • Este sábado 17, coincidindo co Día das Letras Galegas, Tameiga celebra no CSCD As Pedriñas o día grande do IX Miúdo Fest, coa actuación de Interestelares, Paco Nogueiras e Collón de Lola, con entrada de balde!

Mos, 14 de maio de 2025.- Este sábado nas Pedriñas, a cativada de Mos e da área de Vigo ten unha cita imperdible para gozar, bailar e pasalo ben no Miúdo Fest, o “festival para persoas de mediana estatura” organizado pola CMVMC de Tameiga.

O sábado 17, Días das Letras Galegas, é o día escollido para celebrar o día grande do festival, unha xornada que comezará ás 17 horas e contará coas actuacións de Os Interestelares, o novo espectáculo de Paco Nogueiras e Collón de Lola, que interpretará as músicas do Xabarín Club. E todo completamente de balde!