logosMonteSala.png

Hugo Guezeta, referencia do rap galego, leva á Rebullón a súa xira “O noso tempo”

• O antigo membro da banda Son da Rúa actúa este sábado 14 ás 22 horas, coa rapeira viguesa Nadie González como artista convidada

    • Con entradas dende 12 euros, Hugo GZ continuará a xira nas míticas salas Mardi Gras (A Coruña) e na Sónar (Compostela)

Mos, 12 de decembro de 2024.- Hugo Guezeta inicia este sábado, 14 de decembro, ás 22 horas na sala Rebullón a súa xira “O noso tempo”, título tamén do seu primeiro traballo, que presentará ademais en A Coruña e Santiago de Compostela.

O artista é un dos nomes máis respectados do rap galego. Antigo integrante da recoñecida banda Son da Rúa, Hugo Guezeta é un referente pola súa traxectoria, a versatilidade da súa música e as súas letras reivindicativas. As entradas están xa á venda en anticipada online desde 12 euros máis gastos de xestión.

“O noso tempo” parte da premisa de que estamos sumidos nun soño do que debemos espertar. Chegou a hora. É un berro a unha xeración aletargada, á que apela directamente á través das súas letras; unha chamado á romper cos bloqueos que impiden avanzar á sociedade.

No álbum que vai presentar o sábado na Rebullón, Hugo GZ rodease do mellor da escea galega: Dakidarría, Nadie González, Temible Olivina, Peter Petrowski, Willow GHZ e incluso o regreso, nunha única canción, da súa antiga banda, Son da Rúa. Xunto a eles, propón un rap que xoga con distintos estilos, adaptándose a bases moi diferentes, máis intimista nas súas letras, mais sen perder o foco reivindicativo que lle caracteriza.

Este sábado, na Rebullón, Hugo Guezeta virá acompañado de Nadie González. A viguesa, MC, rapeira e tamén produtora, será a artista convidada de luxo que fará do 14 de decembro unha noite única e irrepetible para todas as persoas amantes do rap que se fai no noso país.