Metalokolypse Fest
A fin de semana chega moi musical a Tameiga. Este venres 14, a partir das 20 horas, a Rebullón acolle un festival imprescindible para as personas amantes do mellor metal, con cinco bandas e unha combinación salvaxe de estilos: o Metalokolypse Fest.
É a primeira edición deste festival, que nace do amor e da paixón deste territorio polo xénero, e coa pretensión de converterse nunha cita consolidada no país. Para logralo, a organización montou un evento temático baseado na serie “Metalocalypse”, coa idea de ofrecer ao público de Mos e da área de Vigo unha proposta diferente e única, chea de caras coñecidas.
A estrea contará con grupos de distintos xéneros, como Voids Legion (melodeath procedente de Madrid e Vigo, que ademais tocarán un tema da lexendaria banda Dethklok), You Can’t Hide (o mellor neopunk e garage rock, de Vigo), Aquelarre (mítico grupo de powercore, tamén vigués), Indar (chegadas desde Barcelona, o mellor metal progresivo, black e post metal) e Septiembre Negro (outra banda lexendaria do país, con vintecinco anos de traxectoria)
Con este cartel, posiblemente este venres 14 teña lugar na Rebullón o evento metal do ano en Galicia. As entradas xa están á venda, de forma física na cantina do CSCD As Pedriñas, no Bar Princesa o no Bar Revolver, e tamén online, desde só 15 euros en anticipada, ou 20 euros na billeteira.
|