Mos, 22 de outubro de 2024.- Dous días para descubrir e gozar dalgúns dos mellores grupos de metal máis aló da liña vermella do “mainstream”. Esta fin de semana, chega á Sala Rebullón o Autumn Alive Festival 2024, dous días de música pura e dura, con oito bandas destacadas do metal underground peninsular.
Catro bandas por día, dous días de auténtico metal en todas as súas formas, desde o doom máis pesado ata o death metal máis brutal. E un cartel con grupos da comarca e do resto de Galicia, mais tamén portugueses, asturianos ou de Euskadi. O abono custa 22 euros en anticipada (25 na billeteira), ou 15 euros un día (18 na billeteira). As entradas xa están á venda, online, e tamén no Pub Transylvania e no Honky Tonk.
Este venres 25, con apertura de portas ás 20 horas, o Autumn Alive Fest programa catro grupazos: Sinistro, Hour-Glass, Unchosen Ones e Kratos. Sinistro non necesita presentación: un dos combos máis interesantes da última década, chegado de terras portuguesas. Pola súa banda, Hour-Glass veñen desde Ferrol a presentar na Rebullón o seu novo traballo, “Tonight We Hunt”, onde elevan o groove e o metalcore á enésima potencia.
Por outro lado, o venres tamén subirán ao escenario Unchosen Ones, sen dúbida, unha das sensacións do metal melódico. Os vigueses fixeron de “Sorrow Turns To Dust” un disco de escoita obrigada para calquera fan do xénero. Por último, a
Por outro lado, o venres tamén subirán ao escenario Unchosen Ones, sen dúbida, unha das sensacións do metal melódico. Os vigueses fixeron de “Sorrow Turns To Dust” un disco de escoita obrigada para calquera fan do xénero. Por último, a primera xornada do festival tamén programa aos vigueses Kratos, unha banda que está a facerse un oco na escea trash, cun directo que asegura divertimento.
Para o sábado 26, outras catro propostas salientables do metal underground que encherán de enerxía ao público. Totengott é unha horda asturiana saída do mesmo inferno que Celtic Frost, e interpretarán en directo material do seu novo disco recén saído do forno, “Beyond The Veil”, ademais de repasar os mellores temas dos seus traballos anteriores. Xunto aos asturianos, pisarán a Rebullón os músicos de Elizabeltz. Os de Euskadi conforman un dos grupos máis transgresores do momento, grazas á súa fusión singular de shock rock, psicodelia, hard rock y heavy metal.
A terceira banda do sábado será Godark, que subirán desde Porto á Sala Rebullón para amosar ao público por que son unha das grandes promesas do death metal melódico ruso. E para concluir, a última formación que actuará no Autumn Alive Festival 2024 será Sulf-atäR, o grupo de “agrometal” de Ponteareas que vai presentar en Tameiga o seu escuro black/death metal.
En definitiva, o Autumn Alive Festival 2024 chega á Sala Rebullón cunha proposta imperdible para os amantes do xénero. Dous días e oito bandas do máis salientable do metal “underground” galego e peninsular. Para non perdelo… e desde só 22 euros en anticipada.